Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Andorra
O Principado de Andorra (Principat d'Andorra en catalán), é un pequeno país montañoso sen costa situado nos Pireneos, entre España e Francia. Durante moito tempo pobre e illado, conseguiu unha notable prosperidade desde a II Guerra Mundial a través do turismo e a súa condición de paraíso fiscal. Non ten Forzas Armadas, a súa defensa é responsabilidade de España e Francia.
[editar] Historia
Na Idade Media, os vales de Andorra pertencían ao condado de Urgel. Coa expansión deste condado cara ao sur (Mur, Àger, Ponts, Balaguer, Guissona, Agramunt, etc.), onde había terreos máis fértiles, as zonas montañosas deixaron de ter interese para o conde. O bispado cedeu en feudo este territorio ao Vizcondado de Castellbó. Por medio de enlaces matrimoniais, os seus dominios pasaron a mans do condado de Foix. A partir de aquí, Andorra será un coseñorío: o bispo de Urgel e o conde de Foix. Durante o Século XIII, asinaron os Pareatges, documentos que fixan os límites do poder de cada coseñor. O conde de Foix irá adquirindo poder (Bearn, Reino de Navarra e de aí o Reino de Francia). Desde entón, os xefes de Estado serán o Bispo de Urgell e o rei de Francia (hoxe, o presidente da República francesa). Tal estrutura chegará ata os nosos días, o que permitiu que Andorra conserve a súa independencia (salvo por un pequeno período de anexión directa a Francia por Napoleón) ata a actualidade. O único período histórico no cal Andorra non dependeu de ningún outro estado foron uns poucos días en 1934 nos cales o barón de Orange, un ruso chamado Boris de Skossyreff, coroouse rei de Andorra e, en apenas 9 días, proclamou unha constitución, un boletín oficial e varios decretos, ademais de declararlle a guerra ao coprincipe episcopal, o bispo de Urgel, que conseguiu botar ao "monarca" enviando a un grupo de gardas civís. A Guerra Civil Española e a consecuente vitoria dos nacionalistas de Franco, ademais do estourido da II Guerra Mundial e a invasión de Francia por parte dos alemáns de Hitler, deixaron a Andorra nunha difícil tesitura. Andorra foi amparada polo Goberno de Vichy dirixido polo Mariscal Petâin, pero cando este foi deposto polos nazis e Hitler ordenou a invasión de toda Francia, Andorra viviu un dos seus momentos máis escuros. Por unha banda das súas fronteiras o goberno totalitario de Hitler e por outro o goberno ultra-nacionalista de Franco. Debido á súa política de neutralidade pasou desapercibida durante estes conflitos. Con todo tivo que simpatizar forzadamente coas potencias fascistas para evitar unha invasión. [editar] Simboloxía[editar] EscudoO escudo do Principado de Andorra, cuxo lema é "Virtus Unita Fortior" (A unión fai a forza) componse por catro casas (2 por cada Copríncipe).
[editar] Bandeira
A bandeira de Andorra adoptouse oficialmente en 1866, componse de tres franxas verticais en azul, amarelo e vermello. No centro móstrase o escudo de Andorra, para diferenciala das bandeiras de Moldova, Chad e Romanía. [editar] HimnoA letra do himno, titulado O gran Carlemany, escribiuna Joan Benlloch i Vivo e a música foi composta por Enric Marfany Bons. O himno adoptouse oficialmente en 1914 e interpretouse por primeira vez o 8 de setembro de 1921. [editar] Goberno e políticaAndorra é un co-principado parlamentario constitucional. A Constitución de Andorra aprobouse o 14 de marzo de 1993. A xefatura do Estado recae nos copríncipes, o bispo de Seo de Urgel e o presidente da República Francesa (a República Francesa é a herdeira do Conde de Foix), representados respectivamente por Joan Enric Vives i Sicília (dende maio de 2003) e Nicolas Sarkozy (dende maio de 2007). O Consello Xeral (Consell General) é o órgano lexislativo e trátase dun parlamento unicameral de representación mixta e paritaria da poboación nacional e das sete parroquias, composto por 28 membros elixidos cada catro anos. O Goberno é o órgano executivo. Actualmente está composto polo Xefe de Goberno (Albert Pintat, elixido polo Consello Xeral) e once ministros. Para rematar, os Comuns son órganos de representación e administración civil das parroquias, que son equivalentes aos concellos. [editar] Organización político-administrativaAndorra está dividida territorialmente en sete parroquias cuxo orde protocolaria é:
Á súa vez, as parroquias de Ordino, A Massana e Sant Julià de Lòria están divididas en quarts e a de Canillo en veïnats. Ademais non se descarta a posibilidade de que O Pas da Casa, que actualmente forma parte da parróquia de Encamp, constitúa algún día a oitava parroquia. [editar] XustizaO sistema xudicial está composto pola Batllia de Andorra (Batllia d'Andorra), o Tribunal de Cortes (Tribunal de Corts), o Tribunal Superior de Xustiza de Andorra (Tribunal Superior de Justícia d'Andorra), o Consello Superior da Xustiza (Consell Superior da Justícia) e o Tribunal Constitucional (Tribunal Constitucional). A Batllia de Andorra xulga, en primeira instancia, os delitos menores e contravenciones penais así como os litixios civís e administrativos. O Tribunal de Cortes dirime, en primeira instancia, sobre os delitos maiores e, en apelación, os recursos contra as sentenzas ditadas polo Tribunal de Batlles. O Tribunal Superior de Xustiza de Andorra está composto por un presidente e oito maxistrados designados polo Consello Superior da Xustiza con competencias sobre asuntos civís, administrativos e penais. O Consello Superior da Xustiza, como órgano de representación, goberno e administración do poder xudicial, vea pola independencia e bo funcionamento da xustiza. Finalmente o Tribunal Constitucional é o encargado de interpretar a Constitución andorrana, así como decidir sobre a adecuación das restantes leis a esta, e componse de catro maxistrados. [editar] XeografíaA superficie de Andorra é de 468 km² e a súa poboación de 81.222 habitantes (ano 2006). O seu capital é Andorra a Vella que ten máis de 20.000 habitantes. É un país montañoso, con 65 picos de máis de 2.500 m de altitude. A montaña máis alta é o pico de Comapedrosa con 2.946 m. Dispón de grandes recursos hídricos: catro ríos (o Valira do Norte, o Valira de Oriente, o Madriu e o Gran Valira) e fontes de auga termal (na parroquia de Escaldes-Engordany). O clima é o propio da montaña pirenaica: suave no verán e moi frío no inverno, con abundantes precipitacións ao longo de todo o ano. [editar] EconomíaO turismo, o sostén principal da pequena e podente economía de Andorra, estímase no 80% do PIB. 9 millóns de persoas visítana anualmente, atraídas polo status de paraíso fiscal de Andorra e polos seus hoteis de inverno e verán. A vantaxe comparativa de Andorra hase erosionado recentemente mentres as economías das veciñas Francia e España abríronse, proporcionando unha dispoñibilidade máis ampla de bens e tarifas máis baixas. O sector financeiro, co seu status de impostos, tamén contribúe substancialmente á economía. A produción agrícola está limitada - só o 2% da terra é arable? cultivándose tabaco na case totalidade dos seus campos e a maioría dos alimentos teñen que ser importados. A principal actividade gandeira é a crianza de ovellas. Manufactúraa consiste, principalmente, de cigarros, puros e mobles. Andorra non é un membro total da Unión Europea, pero goza dunha relación especial con ela e é tratado como un membro da UE para o comercio en bens manufacturados (sen tarifas) e como non membro da UE para os produtos agrícolas. Andorra carece dunha moeda propia e usa as dos seus dous veciños. Antes de 1999, estas foron o franco francés e a peseta española, as cales foron substituídas por unha soa moeda, o euro. A diferenza doutros pequenos estados europeos que usan o euro, Andorra aínda non emite as súas propias moedas euro; en outubro de 2004, as negociacións entre Andorra e a UE comezaron sobre un acordo que permitiría a Andorra emitir as súas propias moedas. [editar] Demografía
[editar] PoboaciónA poboación de Andorra era de 83.137 habitantes segundo o censo do ano 2007. A súa capital, Andorra a Vella, é o maior núcleo de poboación, con 24.574 habitantes. Debido á súa bonanza económica, a poboación andorrana medrou considerablemente dende os anos 60 grazas á inmigración (principalmente de España e, en menor medida, de Portugal). Andorra contaba con 37.808 habitantes en 1981, 59.047 en 1991, 66.334 en 2001 e 81.222 no 2006. Debido a unha política voluntaria de carácter restritivo para adquirir a nacionalidade, a poboación de nacionalidade andorrana constitúe unha minoría, sendo só o 36,6% do total. O grupo máis grande de estranxeiros é o dos españois (33,0%), composto por cataláns, casteláns e galegos principalmente, seguido polos portugueses (16,3%) e franceses (6,3%). O restante 7,8% está formado por individuos doutras nacionalidades[1]. No principado viven uns 5.000 galegos que fan aproximadamente o 6,17% da poboación, igualando case o número de franceses. A comunidade galega do país está formada principalmente por emigrantes dos concellos pontevedreses de Forcarei, Lalín, Silleda e A Estrada[2]. Os cidadáns que non dispón da nacionalidade andorrana, aínda sendo maioritarios no país, non teñen recoñecidos os dereitos básicos como o dereito a voto ou a plena participación en sindicatos (cuxos órganos executivos deben de estar dominados por nacionais andorranos); doutra banda, tampouco poden ser presidentes nin posuír máis do 33% do capital social dunha empresa privada[3]. [editar] LinguasO idioma oficial do país é o catalán, lingua habitual do 43,8% da poboación. O castelán é a segunda lingua máis falada no Principado, cun 32,8% da poboación que a teñen como lingua habitual, mentres que o portugués o é para o 7,6% da poboación seguido polo francés, lingua habitural do 7,1%. Con todo, o castelán é a lingua materna ou primeira lingua do 35,9% da poboación, mentres que o catalán o é para o 31,4%.
[editar] Cultura
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||