Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Amianto
O amianto, tamén chamado asbesto, é un grupo de mineral rochas metamórficas fibrosos. Están compostos de silicatos de cadena dobre. Asbesto é o nome que se lle da a un grupo de seis materiais fibrosos diferentes (amosita, crisotilo, crocidolita e as formas fibrosas de tremolita, actinolita e antofilita) que ocorren en forma natural no ambiente. Os minerais de amianto teñen fibras longas e resistentes que se poden separar e son suficientemente flexíbeis como para ser entrelazadas e tamén resisten altas temperaturas. Debido a estas características, o amianto empregouse para unha gran variedade de produtos manufacturados, especialmente na construción (tellas para tellados, baldosas e azulexos, produtos de papel e produtos de cemento con amianto), produtos de fricción (embragues de automóbeis, frenos, compoñentes de transmisión), materiais téxtiles termoresistentes, envases e revestimentos. Algúns produtos de vermiculita e de talco poden conter amianto. [editar] Véxase tamén |
||||||||||||||||||||||||||