Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Albedo
Albedo é unha medida da reflectividade dun corpo ou dunha superficie. É a razón entre a radiación electromagnética reflectida e a cantidade incidente. Esta fracción acostúmase a presentar como unha percentaxe, entre 0% e 100%, e é un importante concepto da astronomía e mais da climatoloxía. A proporción depende da frecuencia da radiación considerada: se non se especifica, refírese a unha media ao longo do espectro da luz visible. Tamén depende do ángulo de incidencia da radiación. En astronomía, o albedo dos satélites e asteroides pódese utilizar para inferir acerca da composición da superficie, especialmente sobre a cantidade de xelo. En astronomía ofrece un medio indirecto de pescudar a natureza dun astro mediante a comparación do seu albedo co de materias coñecidas: o máis alto corresponde ó do planeta Venus, o máis baixo a algúns asteroides carbonáceos e así como ós satélites marcianos Fobos e Deimos. En física nuclear, o albedo é a capacidade, por parte dunha sustancia, de reflectir neutróns. Mídese polo cociente entre o número de neutróns reflectidos e o número total de neutróns emitidos. [editar] ExemplosO albedo da neve recente é elevado, mentres que o da superficie do mar é baixo. A Terra ten un índice medio de 37% a 39% mentres que a Lúa ten preto de 12%.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||